Xunqueira do Lagares, sitio previsto para a depuradora
Vigo:As deficiencias do PSIV e a súa EDAR, creano enfermidades hídricas, problemas sanitarios nas praias, deterioro da riqueza biolóxica, malos cheiros, sensación de cloaca nalgunhas partes e alteamento da Xunqueira
Os maiores contaminantes da Ría proveñen dos vertidos dos asentamentos residenciais e industriais dos pobos ribeiregos e especialmente do Río Lagares, debido ás deficiencias observadas no PSIV e na súa EDAR, creando enfermidades hídricas, problemas sanitarios nas praias, deterioro da riqueza biolóxica, malos cheiros, sensación de cloaca nalgunhas partes e alteamento da Xunqueira - debido ás soltas de lodos - que, unido á redución das súas ladeiras impermeabilizadas polo proceso urbanizador (rúas, beirarrúas, edificios ou casas, ...), minora a súa función de absorber os excesos das escorrentías fluviais de ambas vertentes do río nas grandes avenidas, coas conseguintes inundacións nas diversas partes da cidade. Factor importante no mal funcionamento da EDAR é a mestura de vertidos industriais*, fluviais e fecais que sobredimensionan a cantidade de líquidos a depurar e producen a morte das cepas de bacterias aeróbicas e anaeróbicas encargadas de eliminar os residuos orgánicos en suspensión nas augas fecais, convertendo a depuradora nun almacenamento de augas sucias, fétidas, altamente contaminantes e aos lodos das decantadoras en inservibles para a súa utilización, polo que ao evacuarse directamente ao estuario producen a morte fulminante de todo o ecosistema, ata chegar a exterminar lapas e mexillóns nas rocas existentes na praia de Foz, estendéndose a mancha en toda a fronte da praia de Samil, tapizando os seus fondos areosos cunha grosa capa de lodo.
Outro dos problemas que afecta á turbiedade das augas deste precioso vaso, coa conseguinte disminución da riqueza planctónica, base da pirámide acuícola, é o cultivo do mexillón (bateas), cuxas deposicións masivas teñen unha notoria incidencia negativa na calidade das augas. Por iso o GECMA propón a absorción periódica das deposicións, para a súa transformación en abono.
• Nota: Neste sentido, nas medidas propostas por GECMA, facemos referencia a creación dun Laboratorio de Área. Para darnos conta do tema, poñemos como exemplo un dos polígonos industriais do Área Metropolitana de Vigo, aínda que os seus vertidos non vaian os colectores da EDAR de Vigo, o Polígono de Amoedo, Pazos de Borbén, onde, solo collendo unha das empresas dedicada a metalización electrolítica de pezas de plástico (con cobre, níquel e cromo) podemos observar que a investigación pon de manifesto que a empresa ten instalado un total de 124 cubas para o tratamento de superficies plásticas, de 1800 litros cada unha, incumprindo todas ás leis de prevención e control de contaminación, así como un deficiente almacenaxe dos residuos industriais. En canto o polígono, dicir que carece de todas as infraestruturas básicas medioambientais: abastecemento e saneamento de augas...